🔒
Hay nuevos artículos disponibles. Pincha para refrescar la página.
AnteayerSalida Principal

Ecoloxistas en Acción amplía a súa denuncia polo desastre de Monte Neme poñendo o foco no director de obra

6 Febrero 2026 at 10:42
Por: Galiza
  • Demostra que a Xunta tiña coñecemento da existencia da galería pola que se verteron as augas contaminadas e que a falla foi consecuencia das obras.
  • Cuestiona o criterio da licitación da dirección de obra, considerando o longo historial de proxectos salpicados de ilegalidades.

Logo de que o pasado luns Ecoloxistas en Acción presentara nos xulgados de Carballo unha denuncia penal pola falla crítica dunha das balsas mineiras de Monte Neme, situadas entre Malpica e Carballo, a organización ecoloxista ven de ampliar a súa denuncia para incluir entre os presuntos responsábeis o director de obra e coordinador de seguridade, o enxeñeiro de minas José Manuel Corbal Debén.

Corbal foi o adxudicatario da licitación realizada pola Consellaría de Economía e Industria para os lotes 1 e 2 da obra de restauración da mina de Monte Neme, consistentes na dirección das actuacións, que precisamente se iniciaron poucas semanas antes da falla que se produciu na madrugada do pasado sábado.

As chaves do desastre, que provocou que un enorme volumen de augas tóxicas se verteran monte abaixo cara a Praia dos Riás, dentro da ZEPA Costa da Morte, espazo protexido da Rede Natura 2000, foron os movementos de terra realizados nas balsas maiores, deslocando a auga almacenada para a balsa menor, que finalmente rebentou.

Esta balsa contaba cunha galería transversal que xa fora inventariada pola Xunta en 1998 e que, de feito, logo do anterior desastre producido en 2014 cando rebentou a maior das balsas, fora proposta polo Concello de Carballo como galería de drenaxe. Ecoloxistas en Acción denuncia as falsedades da Xunta nos momentos iniciais, cando se informou que a galería era descoñecida e que os movementos de terra non gardaban relación co acontecido.

Un historial de polémicas mineiras

Esta non é a primeira vez que o director agora denunciado está envolto en polémica. En 2009 foi un dos promotores da reapertura das Minas de San Finx, en Lousame, asinando un proxecto do ano anterior que excluía as presas de residuos mineiros e non prevía ningún tipo de tratamento para as augas contaminadas procedentes do interior da mina. A contaminación resultante levou á imposición dunha sanción de 180.000 euros por verteduras ilegais e aínda están abertas dilixencias penais en Noia por presuntos delitos ambientais.

Corbal tamén foi o promotor e director facultativo da Mina de Varilongo, en Santa Comba e Coristanco, e do proxecto “Corcel”, da sueca Eurobattery Minerals, que realizou sondeos ilegais. Como en San Finx, a mina viuse envolta noutro caso de verteduras ilegais e logo dun procedemento sancionador, a Xunta acabou por declarar a caducidade das concesións.

Xa na Gudiña, en Ourense, Corbal é promotor xunto coa mesma empresa sueca doutro proxecto de volframio, sobre o que no mes de decembro un xulgado de Santiago abriu dilixencias penais por presuntos delitos de prevaricación. Este caso tamén abriu un conflito diplomático con Portugal, pois a pesar de que a mina está a tan só 2 km da fronteira, non se realizou o trámite de avaliación transfronteiriza.

Tamén foi asinou o polémico proxecto do vertedoiro de Toysal en Casalonga (Teo), situado sobre unha antiga canteira, e que foi paralizado en 2024 polo Tribunal Superior de Xustiza, logo de recoñecer que a actividades carecía de autorizacións válidas.

 

La entrada Ecoloxistas en Acción amplía a súa denuncia polo desastre de Monte Neme poñendo o foco no director de obra aparece primero en Ecologistas en Acción.

Desconexión dixital: Ecoloxistas en Acción chama a participar en Off February e anima a camiñar en vez de facer ‘scroll’

5 Febrero 2026 at 10:00
Por: Galiza
  • A organización ecoloxista convida a sumarse ao reto de desinstalar as redes sociais dos smartphones durante os 28 días do mes de febreiro, unha proposta impulsada polo Movemento Off.
  • Esta campaña busca concienciar dos problemas xerados por unha hiperconexión cotiá ao móbil, que rouba o tempo e a atención ás persoas. Á súa vez, denuncia o impacto ambiental desta tecnoloxía e as consecuencias negativas da hiperexposición e do control social que implica.
  • O pistoletazo de saída da campaña terá lugar o próximo 7 de febreiro coa acción global ‘Camiña, non fagas scroll’ que se realizará simultaneamente en distintas localidades como Caravaca, Guadalaxara, Castelló, Madrid, Málaga, Segovia, Sevilla, Valencia, Vigo, Londres, Marsella ou París.
  • Sobre o debate xerado polo anuncio de Pedro Sánchez acerca da prohibición do acceso a redes sociais a menores de 16 anos, Ecoloxistas en Acción defende que é unha medida necesaria e acertada para protexer á infancia e adolescencia. 

Xunto a máis de 50 entidades, a organización ecoloxista e o seu programa Escola Saudable colaboran na campaña global Off February, unha invitación a desinstalarse as redes sociais dos teléfonos móbiles durante o mes de febreiro. Tamén o fan máis de 10 sociedades científicas do ámbito da saúde, incluídas na Plataforma control Z, numerosas organizacións críticas á hiperdixitalización ?especialmente de menores pola súa afectación nos ámbitos de saúde, aprendizaxe e desenvolvemento? así como organizacións e plataformas que apostan por usos biocompatíbeis da tecnoloxía..

“Non se trata de fuxir do mundo, senón de reconectar con el; sempre podes seguir utilizando as túas redes desde a túa navegador e facer así un uso máis intencional e sobrio da tecnoloxía, mentres se teña unha idade madurativa para iso como se recomenda desde a pediatría. Tamén se pode aproveitar para borrar calquera app que che roube máis tempo do valor que che achega”, defende Xulio Carmona, voceiro de Ecoloxistas en Acción.

Ao longo do mes de febreiro realizaranse diferentes actividades para concienciar da importancia da desconexión dixital para a saúde das persoas e o medio ambiente. A primeira delas será a acción global “Camiña, non fagas scroll” o vindeiro sábado 7 de febreiro. Miles de persoas de diferentes localidades participarán en camiñadas que roldan os 5,04 quilómetros, a distancia que unha acode usuaria media percorre co polgar ao facer scroll no seu móbil ao longo dos 28 días do mes de febreiro, é dicir, uns 180 metros diarios.

“Esta acción transforma un xesto solitario, pasivo e automático nun acto consciente, colectivo e ancorado no físico. O que antes era desprazarse por unha pantalla convértese en mover o corpo no mundo real”, engade Carmona.

Ao sumarse á campaña, Ecoloxistas en Acción incide en que a hiperconexión aos móbiles “róubanos o tempo e a atención e desconéctanos ás persoas dunha vida relacional real e en comunidade”. Ao mesmo tempo, a organización ecoloxista pon o acento na pegada ambiental desta hiperconexión, “que é inasumíbel para o planeta”, na hiperexposición a dispositivos e redes sen fíos, así como nas estratexias de algoritmización e control social.

Prohibir as redes sociais a menores de 16 anos, unha medida acertada e necesaria

Ecoloxistas en Acción celebra o recente anuncio de Pedro Sánchez en Dubai sobre a prohibición do acceso ás redes sociais a menores de 16 anos e a obrigación das plataformas dixitais de pór medidas de control de idade efectivas. E engade que liberar e protexer a infancia e adolescencia dunhas redes sociais “adictivas, algorítmicas e de control social” nunha etapa de desenvolvemento de maior vulnerabilidade, conta na actualidade co respaldo da comunidade científica.

Trátase dun debate que non é novo, tal e como quedou exposto no informe do Comité de Persoas Expertas de 2024, onde Ecoloxistas en Acción participou a través do seu portavoz, Javier Zarzuela. Tamén se reivindicou abertamente na mobilización de xuño de 2025 polo dereito á desconexión dixital e a saúde dos menores, impulsada polo Movemento Off; e recóllese nas distintas actuacións que vén realizando a Plataforma Control Z, formada por 10 sociedades científicas e organizacións como Adolescencia Libre de Móbiles, Movemento Off e Ecoloxistas en Acción

Carmona concluíu: “Xunto con organizacións pediátricas, médicas, educativas e familias, Ecoloxistas en Acción levamos anos denunciando, a través do programa Escola Saudable, o impacto das redes sociais na infancia e adolescencia. Son persoas cuxo cerebro está aínda en proceso madurativo, máis vulnerables aos efectos adversos dos smartphones no neurodesenvolvemento e na súa saúde física e mental, amplamente recollidos na bibliografía médica. Por iso, celebramos este anuncio de Pedro Sánchez e esiximos que non quede en meras palabras, senón en accións reais que contribúan a protexer a infancia e mocidade”.

 

Enlace á campaña global OFF Festival.

Actividades do OFF February en Vigo.

 

Vídeos de Ecoloxistas en Acción apoiando o Off February

La entrada Desconexión dixital: Ecoloxistas en Acción chama a participar en Off February e anima a camiñar en vez de facer ‘scroll’ aparece primero en Ecologistas en Acción.

Presentan a campaña ‘Off february’ para desconectar das redes sociais este mes de febreiro

3 Febrero 2026 at 10:37
Por: Galiza

Adolescencia Libre de Móbiles, Ecoloxistas en Acción e Escola Saudable presentan a campaña ‘Off february’ para desconectar das redes sociais este mes de febreiro.

Adolescencia Libre de Móbiles, Ecoloxistas en Acción e Escola Saudable, xunto a máis de 50 entidades a nivel global, invitan a sumarse ao reto de desconectarse das redes sociais dos smartphones durante os 28 días de febreiro. Colaboran nesta campaña de concienciación global lanzada polo Movemento Off, ante unha hiperconexión cotidiá que nos rouba o tempo e a atención e desconéctanos dunha vida relacional real e en comunidade.

Chaman, igualmente, a participar nas distintas actividades programadas en Vigo como un roteiro, co lema “Camiña non fagas Scroll”, convocada simultaneamente a nivel global o sábado 7 en distintas localidades.
Adolescencia Libre de Móbiles, Ecoloxistas en Acción e Escola Saudable colaboran e impulsan a campaña global ‘Off february’, que conta coa adhesión, entre outras, de numerosas sociedades científicas do eido da saúde e de numerosas organizacións críticas coa disruptiva hiperdixitalización, especialmente cando se fai precozmente nos menores sen atender as súas afectacións na saúde, a aprendizaxe e o desenvolvemento.

Non se trata de fuxir do mundo, senón de reconectar con el e de aprender a facer un uso máis intencional e sobrio da tecnoloxía (sempre que se teña unha idade madurativa suficiente para iso, como recoméndase dende a pediatría). Neste mes de febreiro ditas organización teñen programadas na cidade de Vigo as seguintes actividades:

  • O sábado 7, as 12:00 no Café O Castro: co lema ‘Camiña en vez de facer Scroll’, comezará un roteiro do patrimonio ambiental e histórico-cultural do Parque do Monte do Castro.
  • O xoves 19, ás 19:00 no C.S. A Nubeira: Faladoiro co artista e ilustrador Kiko Da Silva, creador das imaxes da Exposición: “Medrar con pantallas non é igual a progreso”.
  • O Venres 27, ás 19:00 no C.S. A Nubeira: Faladoiro con Julio Rodríguez López, biólogo y doutor en medicina molecular, sobre o impacto das pantallas na saúde física y mental, na presentación do seu libro “Jugar por jugar, el juego en el desarrollo psicomotor y en el aprendizaje”.

Vivir hiperconectado, con Julio Rodríguez

La entrada Presentan a campaña ‘Off february’ para desconectar das redes sociais este mes de febreiro aparece primero en Ecologistas en Acción.

Ecoloxistas en Acción presenta denuncia penal polo vertido tóxico das balsas da mina de Monte Neme

2 Febrero 2026 at 12:12
Por: Galiza

Ecoloxistas en Acción presenta unha denuncia penal contra responsables políticos e técnicos da Xunta de Galicia por delitos contra o medio ambiente en relación coa falla crítica dunha balsa de residuos mineiros da mina de Monte Neme.

Ecoloxistas en Acción presentou este luns, 2 de febreiro, unha denuncia penal nos xulgados de Carballo por presuntos delitos contra o medio ambiente en relación coa falla crítica dunha balsa de residuos mineiros da mina de Monte Neme, ocorrida o pasado 31 de xaneiro. A denuncia diríxese contra responsables políticos e técnicos da Xunta de Galicia, así como contra as empresas integrantes da UTE MONTENEME, encargadas das obras de restauración da explotación mineira. Entre as persoas denunciadas atópanse a conselleira de Economía e Industria, o director xeral de Planificación Enerxética e Minas e un enxeñeiro de minas do departamento territorial da Coruña.

A falla, moi similar á que levou a un desastre ambiental en 2014, produciuse nunha das balsas situadas ao sur da explotación, provocando o vertido incontrolado dun gran volume de augas contaminadas con metais pesados, que descenderon ata o Rego de Tuixe, o Rego dos Riás e finalmente a Praia dos Riás, dentro da ZEPA Costa da Morte, espazo protexido da Rede Natura 2000. O vertido ocasionou danos ambientais visibles ao longo de todo o percorrido e obrigou ao corte dunha estrada local entre Leiloio e Aviño.

A organización ecoloxista desmente as versións oficiais que apuntan a un accidente fortuíto causado polas choivas ou pola existencia dunha galería “descoñecida”. Segundo a documentación achegada, a galería pola que se produciu o baleirado da balsa estaba perfectamente inventariada desde polo menos 1998 en documentos oficiais da propia Administración autonómica.

Ecoloxistas en Acción considera que a falla está directamente relacionada cos traballos de restauración impulsados pola Xunta de Galicia, iniciados en decembro de 2025, durante os cales se realizaron importantes movementos de terras que provocaron o desprazamento das augas contaminadas cara a unha balsa que non reunía condicións de estabilidade suficientes. Parte destas augas deberían terse sometido a un proceso de tratamento, que supón máis da metade do orzamento do proxecto, financiado con fondos europeos Next Generation.

A denuncia subliña tamén a contradición entre as análises oficiais actuais, que descartan contaminación poucas horas despois do vertido, e as realizadas tras a falla de 2014, cando Augas de Galicia confirmou a toxicidade das augas e lodos vertidos desde a mesma mina. Aquela rotura, ocorrida hai doce anos, verteu máis de 24.000 metros cúbicos de augas contaminadas, causando danos por centos de miles de euros e afectando gravemente ás parroquias de Aviño e Razo da Costa.

Para Ecoloxistas en Acción, o sucedido o 31 de xaneiro non é un feito illado, senón a consecuencia de décadas de abandono, falta de control e actuacións administrativas irregulares, a pesar de que a perigosidade das balsas de Monte Neme está documentada en múltiples inventarios oficiais desde finais dos anos noventa.

A organización solicita ao xulgado a apertura de dilixencias previas, a toma de mostras e análises independentes das augas e sedimentos, así como o requirimento de toda a documentación administrativa e técnica relacionada coa mina, coas obras de restauración e coas autorizacións de vertido.

Ecoloxistas en Acción anuncia ademais a súa intención de personarse como acusación popular no procedemento penal e reclama responsabilidades políticas e penais para evitar que episodios de contaminación grave en espazos protexidos volvan repetirse con total impunidade.

 

 

La entrada Ecoloxistas en Acción presenta denuncia penal polo vertido tóxico das balsas da mina de Monte Neme aparece primero en Ecologistas en Acción.

ALTRI non, grazas

19 Enero 2026 at 10:39
Por: Galiza
  • O corazón de Galicia está amenazado de morte pola instalación dunha macrocelulosa na comarca da Ullo.
  • A posta en marcha da macro fabrica de Altri cambiará para sempre a fisonomía da comarca da Ulloa poñendo en perigo a economía tradicional e sostible existente na zona.

O continuo vertido de augas residuais desta pasteira terá un enorme impacto, deixando un río morto augas abaixo, incluso afectando gravemente ao ecosistema da ría de Arousa e súa economia dependente da pesca e marisqueo.

O que eles chaman progreso merma a nosa calidade de vida e compromete o noso futuro. ¡ALTRI non, grazas!

 

Coa colaboración económica so MITERD

La entrada ALTRI non, grazas aparece primero en Ecologistas en Acción.

Mobilización contra o Acordo de Libre Comercio UE-Mercosur

12 Enero 2026 at 09:00
Por: Galiza

O movemento Plantámonos apoia a convocatoria do Sindicato Labrego Galego contra o Acordo de Libre Comercio UE-Mercosur, o vindeiro luns 12 de xaneiro ás 12:00 horas fronte á Delegación do Goberno en A Coruña.

As organizacións Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace, integrantes do movemento Plantámonos, manifestan publicamente o seu apoio á concentración contra o Acordo de Libre Comercio UE-Mercosur convocada polo Sindicato Labrego Galego, tamén integrante do movemento Plantámonos.

O movemento Plantámonos anima á cidadanía a participar nesta concentración do vindeiro luns 12 de xaneiro ás 12:00 horas fronte á Delegación do Goberno na Coruña, no contexto das mobilizacións convocadas en toda Europa pola ECVC (Coordenadora Europea Vía Campesina).

Para o movemento Plantámonos a integración da alimentación nos acordos de libre comercio supón o reforzamento da agroindustria en prexuízo das producións labregas —neste caso europeas e suramericanas—, aumentando a destrución social e ambiental asociada a este modelo de produción de alimentos concentrado en cada vez menos mans, orientado á especulación e á exportación, causante de despoboamento rural, ecoloxicamente insustentable e importante fonte de crise climática.

As sociedades europeas e suramericanas non precisan de máis agroindustria, máis alimentos quilométricos, máis monocultivos depredadores de solo fértil e auga doce, máis precariedade e empobrecemento labrego nen máis agrotóxicos, precisamos de alimentos sans, seguros, nutritivos e accesibles, producidos con dignidade o máis perto posible do lugar de consumo, coidando a terra e a paisaxe, mantendo o medio rural vivo, freando a crise climática. Isto supón transformar os nosos sistemas agroalimentarios cara á agroecoloxía e construír soberanía alimentaria, xusto todo o contrario do que sucede asinando tratados de libre comercio nos que os alimentos entran como moeda de cambio.

 


 

La entrada Mobilización contra o Acordo de Libre Comercio UE-Mercosur aparece primero en Ecologistas en Acción.

Ecoloxistas en Acción repudia a agresión militar de EE UU a Venezuela

3 Enero 2026 at 16:30
Por: Galiza
  • A organización ecoloxista condena firmemente o ataque terrorista do Goberno de Trump sobre Venezuela. Os bombardeos en territorio venezolano, así como o secuestro do presidente Nicolás Maduro e de Cilia Flores, constitúen unha violación do dereito internacional.
  • O Goberno de Trump optou abertamente por unha política colonialista, belicista e autoritaria para asegurarse o control de recursos e fontes de enerxía ante o ocaso da súa hexemonía mundial.

Ecoloxistas en Acción denuncia que detrás do ataque sobre Venezuela non hai ningunha actividade de narcotráfico, senón o intento ilexítimo de depoñer a un goberno que non está en sintonía co de EE UU. Un goberno -o venezolano- que ademais controla unhas importantísimas reservas petroleiras a nivel global.

O ataque sobre Venezuela débese entender seguindo o rastro do petróleo, do mesmo xeito que o recente bombardeo sobre Nixeria. O apoio sobre o xenocidio palestino perpetrado polo Goberno israelí tamén segue a mesma lóxica, xa que Israel é clave no control dunha rexión do mundo central na extracción petroleira: o suroeste asiático. En todo caso, como en calquera acción deste tipo, hai máis factores, como o control xeoestratéxico da rexión.

“Unha vez máis, móstrase que o capitalismo global necesita do petróleo para o seu funcionamento e que o seu control convértese nun instrumento absolutamente clave no sostemento da hexemonía a nivel internacional”, declara a organización.

Este incremento de accións imperialistas, fóra de todo marco de dereito internacional, responde á decadencia da hexemonía mundial de EE UU; á súa competencia con China por áreas de influencia e control de recursos enerxéticos e minerais; e a unha aposta descarada por unha política de “sálvese quen poida” no marco da agudización da crise ecosocial.

A organización ecoloxista tamén denuncia e rexeita a complicidade da UE e da OTAN cos plans belicistas do Goberno de EE UU, así como a resposta do todo insuficiente do Executivo español, que non condenou a agresión: “Esiximos o cesamento das agresións contra Venezuela, a volta á súa soberanía lexítima, e a condena sen paliativos por parte do Goberno de España”.

Ecoloxistas en Acción seguirá mobilizándose pola paz, a xustiza social, o desarmamento e a descarbonización como elementos crave, pero non únicos, da necesaria transformación ecosocial: “Chamamos á mobilización cidadá contra estes ataques, en defensa do dereito internacional e amosamos a nosa solidariedade co pobo venezolano”.

La entrada Ecoloxistas en Acción repudia a agresión militar de EE UU a Venezuela aparece primero en Ecologistas en Acción.

Un ano máis, consumo responsable e boicot a Israel nas compras do Nadal

19 Diciembre 2025 at 10:50
Por: Galiza
  • Ecoloxistas en Acción lembra que o suposto plan de paz en Gaza non detivo a masacre e reivindica o boicot no consumo nestas datas como ferramenta de presión política.
  • A campaña céntrase en sinalar a Carrefour, unha entidade que conta con máis de 50 establecementos en Israel e ten múltiples vínculos con empresas cómplices do xenocidio en Gaza.
  • A organización ecoloxista tamén difunde as súas habituais recomendacións festivas para gozar do descanso, os plans sinxelos, a boa compañía e contribuír a un mundo sustentable e xusto. 

En datas nas que se fala de paz, de amor e de estar na compaña de xente querida, Ecoloxistas en Acción lembra que a paz que anunciaron Donald Trump e Benjamin Netanyahu e entrou en vigor o pasado 10 de outubro non chegou. É máis, o xenocidio continúa en forma de ataques e asasinatos diarios, bloqueo de axuda humanitaria, abandono da poboación ante fortes temporais, ocupación e apartheid que se suma á colonización, expulsión e limpeza étnica do pobo palestino desde hai polo menos 75 anos. Todo iso unido a un ecocidio que, contaminando auga e arrasando cos cultivos, busca imposibilitar a vida da poboación palestina.

Por iso, e como parte dos seus consellos festivos, este ano a organización ecoloxista volve sumarse á campaña da plataforma Boicot, Desinversión e Sancións (BDS)  para facer un chamamento polo boicot nas compras: “Agora que se achega un dos períodos de maior consumo do ano, o boicot do consumo é unha ferramenta efectiva de presión social para frear as agresións de Israel baixo a complicidade da comunidade internacional”.

No centro da campaña de boicot sitúase Carrefour, unha multinacional que conta con máis de 50 establecementos en Israel, regalou lotes de produtos a soldados do exercito israelí, vende produtos fabricados en Israel e ten acordos e alianzas con empresas israelís activas na industria dos asentamentos ilegais en Cisxordania cómplices do xenocidio, tales como Electra Consumer Products, Yeinot Bitan ou o banco Hapolaim.

Ecoloxistas en Acción súmase á denuncia pública de Carrefour e ás mobilizacións que, durante os próximos días, se esperan en diferentes territorios do Estado español para sinalar a esta cadea de supermercados e informar á cidadanía da súa complicidade coas masacres do pobo palestino. Unhas mobilizacións ás que nas últimas semanas tamén recibiron cadeas de roupa como Zara ou restaurantes de comida rápida como McDonalds.

Segundo Enrique Quintanilla, portavoz da organización ecoloxista, “as campañas de desinversión e boicot contra estas empresas, coidadosamente seleccionadas, aumentan a presión sobre elas para que poñan fin á súa complicidade coa opresión do pobo palestino. Xa ocorreu no pasado, por exemplo, coa marca de roupa deportiva Puma, que hai un par de anos non renovou o seu contrato de patrocinio coa Asociación de Fútbol de Israel (IFA), que gobernaba e avogaba por manter equipos en asentamentos ilegais israelís en terras palestinas roubadas”.

Unhas festas con menos e mellor consumo 

Ecoloxistas en Acción chama ao boicot a Carrefour non só pola súa complicidade no xenocidio en Palestina, senón tamén polo modelo de consumo que reproduce. O seu funcionamento de gran distribución xera grandes impactos ambientais e sociais, xa que se basea nun modelo deslocalizado, derrochador de enerxía, xerador de desperdicio alimentario e de inxentes cantidades de envases, que xera menos postos de traballo que o pequeno comercio. Algo que aproveita o poder que lle outorga a súa ampla cota de mercado para impor prezos en orixe abusivos e que concentra a riqueza.

Como alternativas á compra en Carrefour, Ecoloxistas en Acción aposta por opcións máis xustas e sustentables ambientalmente como é o caso do pequeno comercio, que garante unha mellor distribución da riqueza e a creación de emprego. Tamén por opcións que apostan por relacións comerciais xustas e pola venda de produtos locais e de produción ecolóxica.

Como cada ano, a organización ecoloxista incide na súa aposta por un consumo no que os actores respecten os dereitos humanos, fronte ás inxustizas que esconde o modelo de consumo actual dominado por grandes empresas que antepoñen os beneficios económicos por encima das persoas.

Nesta liña, ademais de chamar ao boicot comercial a algunhas marcas, Ecoloxistas en Acción lembra os seus habituais consellos do Nadal, entre os que destaca descansar e gozar de plans sinxelos e en boa compañía. Ademais, pon o acento no mencionado consumo local, a aposta por agasallos (desde xoguetes a todo tipo de produtos e alimentos) procedentes da Economía Social e Solidaria ou do comercio local, subscricións a medios independentes e cooperativos e/ou agasallos non materiais en forma de tempo e momentos compartidos, a celebración de ceas  e comidas saborosas pero sustentables, e, en xeral, a redución do consumo e da pegada ecolóxica así como a promoción do activismo, o asociacionismo e o ecoloxismo social.

Luís Azorín, portavoz de Ecoloxistas en Acción, declarou: “As palabras de solidariedade e paz, tradicionalmente asociadas ás festas do Nadal, cada vez quedan máis esquecidas no vórtice consumista destas datas. Con todo, a masacre que o exército israelí está a perpetrar en Gaza fai imprescindible que deamos protagonismo a estes valores, transformando o tradicional consumismo desaforado nun consumo máis racional e crítico enfocado á defensa dos dereitos humanos”.

 

La entrada Un ano máis, consumo responsable e boicot a Israel nas compras do Nadal aparece primero en Ecologistas en Acción.

La campaña ‘Altri Non’ continúa su lucha

4 Diciembre 2025 at 07:58

Hace algo más de un año, la multinacional portuguesa Altri anunció que pretende construir una macroplanta de celulosa junto al río Ulla en Palas del Rei (Lugo), con apoyo de la Xunta y con financiación europea. De salir adelante, además del impacto visual en un tramo del Camino de Santiago, la planta extraerá del Ulla 46 millones de litros de agua al día, el equivalente al consumo humano de una ciudad como Vigo, de los que devolverá 30 millones de litros depurados pero aún contaminados y a diferente temperatura. Además, expulsará a la atmósfera tanto dióxido de carbono como el que emiten 21.500 coches, junto a cenizas, partículas y otros gases elevadamente tóxicos.

Frente a esta noticia, todos los municipios entre Palas del Rei y la ría de Arousa, donde desemboca el Ulla, se han organizado en una campaña llamada ‘Altri Non’, que ha logrado el apoyo de la mayoría de las gallegas. Se trata de un movimiento popular, ecologista y de defensa de la tierra que, aunque puede recibir el apoyo de varios partidos políticos de izquierda, se organiza al margen de estos por parte de vecinas y activistas. En el último año han convocado manifestaciones masivas, recolecta de firmas, presentado alegaciones al proyecto, colgado pancartas por todas las comarcas, etc. y han logrado convertirse en una de las luchas más visibles de los últimos tiempos.

Hace unos meses, lograron su primera victoria: el proyecto de Altri no recibió los fondos europeos que solicitó, lo cual hace que su viabilidad peligre. La empresa, por su parte, asegura que cumple con todos los requisitos, culpa a la campaña de su fracaso y todavía no se da por vencida, por lo que las vecinas deben seguir alertas.

La tierra se defiende

‘Altri Non’ nos recuerda a varias otras campañas de vecinas que se organizan para defender su tierra de iniciativas empresariales que la pretenden destruir, como la lucha contra la construcción del embalse de Itoiz (Navarra) en los 80-90, liderada por la Coordinadora de Itoiz o el Nunca Mais(Galiza) en los 2000.

Si nos vamos a ejemplos más recientes, podemos encontrar el de Salvemos Canal Roya (Pirineo aragonés), que se oponía a la interconexión mediante túneles de las estaciones de esquí de Astún, Candanchú y Formigal. Después de una larga campaña con manifestaciones históricas en Jaca y Zaragoza, festivales de música y cientos de acciones de protesta, de recibir el apoyo mediático de sectores científicos, deportivos, de organizaciones ecologistas y sociales, pasando por miles de pancartas colgadas en pueblos y hogares de todo el Alto Aragón, en 2023 la Diputación de Huesca pidió la redistribución de los fondos europeos para otros fines. Es curioso cómo tantos de estos proyectos empresariales hechos a sí mismo encallan en cuanto no reciben jugosas subvenciones europeas.

También tiene motivos para el optimismo la campaña que se opone a la construcción de una filial del museo Guggenheim en la reserva de la biosfera de Urbaibai (Bizkaia). A principios de diciembre de 2025, los promotores anunciaron la probable retirada del proyecto, que se ha encontrado con la oposición frontal de las vecinas de los municipios colindantes, por su impacto ecológico y la turistificación masiva que ya vienen sufriendo. Entre los motivos citados se encuentran las trabas administrativas, la contestación social, el coste político que puede suponer y el riesgo reputacional para el universo Guggenheim. Sin embargo, ésta no era la primera vez que intentan sacar adelante el museo (hubo un primera intento en 2008), por lo que nada impide que intenten volver a la carga de nuevo en 2027, tras las elecciones. Por ello, Guggenheim Urdaibai Stop permanecerá alerta.

La entrada La campaña ‘Altri Non’ continúa su lucha aparece primero en Todo Por Hacer.

En Galiza no ha decaído la solidaridad con las presas y presos políticos

2 Junio 2025 at 00:14
Los organismos que trabajan promoviendo el apoyo y la solidaridad con estas luchadoras/es populares

---

[24/5/2025 – 7/6/2025] I Xornadas Mulleres Libres Vigo

19 Mayo 2025 at 00:19
Coa finalidade de dar visibilidade ás diversas loitas e problemáticas específicas protagonizadas por compañeiras

---

  • No hay más artículos
❌