🔒
Hay nuevos artículos disponibles. Pincha para refrescar la página.
✇LibreRed

LEGO lanza su set más grande de la historia: la Sagrada Familia con 12.060 piezas a 499,99€

Por: P. Aguirre Larrañaga

El Grupo LEGO ha presentado este 6 de junio de 2026 su set de construcción más grande de la historia: una réplica de la Basílica de la Sagrada Familia de Barcelona compuesta por 12.060 piezas. El lanzamiento conmemora el centenario de la muerte del arquitecto Antoni Gaudí, fallecido en 1926.

La maqueta reproduce con detalle las fachadas del Nacimiento y de la Pasión, así como las torres más emblemáticas del templo, declarado Patrimonio de la Humanidad por la UNESCO. Según la compañía danesa, el modelo requirió un año de desarrollo y ha sido diseñado en colaboración con la Junta Constructora de la Sagrada Familia para garantizar la fidelidad arquitectónica.

Un homenaje a Gaudí en su centenario

El set supera en número de piezas al anterior récord, el Coliseo Romano de 9.036 piezas, y se convierte en uno de los más ambiciosos de la gama LEGO Architecture y LEGO Icons. La presentación coincide con los actos conmemorativos del centenario del fallecimiento de Gaudí, que la ciudad de Barcelona y diversas instituciones culturales han programado a lo largo de 2026.

El precio recomendado del set es de 499,99 euros, según ha comunicado LEGO. Saldrá a la venta el 15 de junio tanto en tiendas físicas como en la web oficial de la compañía. La empresa prevé que el producto tenga una alta demanda entre aficionados adultos, coleccionistas y público interesado en el patrimonio cultural español.

La Sagrada Familia es uno de los monumentos más visitados de España, con más de 4 millones de turistas al año. LEGO ha subrayado que el diseño busca «capturar la esencia de la obra maestra de Gaudí», combinando detalles históricos con la experiencia de construcción característica de la marca.

✇Ecologistas en Acción

Denuncian o abandono de rodas xigantes en ríos de Touro e O Pino

Por: Galiza
  • A Gardería Fluvial de Augas de Galicia confirma a presenza de neumáticos de gran diámetro no río Brandelos e no rego de Pucheiras, no concello de Touro e de O Pino.
  • Un informe oficial vincula os verquidos coa empresa Exploracións Galegas S.L. e Ecoloxistas en Acción e a veciñanza da zona esixe a apertura urxente dun expediente sancionador.

Ecoloxistas en Acción amosa a súa gran preocupación polo estado dos ríos nos concellos de Touro e O Pino, xa que estes días Augas de Galicia abriu dilixencias previas tras unha denuncia que alerta do abandono de rodas de gran diámetro en varios puntos fluviais da comarca.

Os axentes da Gardería Fluvial realizaron inspeccións sobre o terreo e emitiron un informe oficial. Nel constátase que os neumáticos xigantes están depositados en zonas de varios ríos do entorno da mina de Touro. O documento da administración sinala directamente á empresa Exploracións Galegas S.L., ao indicar que as rodas proceden probablemente desta mercantil por estar situadas nos seus terreos ou en parcelas lindeiras coa súa actividade.

Risco para a natureza e esixencia de multas

Ecoloxistas en Acción advirte que o abandono destes residuos supón un grave impacto ambiental, xa que causa atrancos nas canles de auga, degrada o ecosistema dos ríos e incumpre as leis de augas e residuos. Por mor disto, rexistrouse unha petición formal ante a Augas de Galicia para pedir que se pase de inmediato das investigacións previas á apertura dun expediente sancionador.

As multas por este tipo de danos ás canles públicas poderían cualificarse como graves, alcanzando contías económicas moi elevadas para a empresa responsable de non atender á petición. A administración xa requiriu á empresa a retirada urxente de todas as rodas identificadas e a limpeza integral das súas parcelas lindeiras con ríos. Os colectivos sociais anuncian que vixiarán de preto o cumprimento desta orde para garantir que o contorno natural sexa restaurado canto antes.

La entrada Denuncian o abandono de rodas xigantes en ríos de Touro e O Pino aparece primero en Ecologistas en Acción.

✇pikara magazine

Sete Outeiros: a ribeira sacra do queer

Por: Bárbara G. Vilariño

Nunha aldea da Ribeira Sacra lucense atópase un refuxio en plena natureza para persoas LGTBI que desexen completar a súa particular peregrinaxe interior. Iniciamos o camiño do queer cara Sete Outeiros.

La entrada Sete Outeiros: a ribeira sacra do queer se publicó primero en Pikara Magazine.

✇Radio Topo

Alberto Guerra en Radio Marmota

Por: Radio Topo

En el undécimo programa de Radio Marmota (Radio Topo 101.8 ) tenemos el honor de entrevistar a Alberto Guerra Naranjo, Licenciado en Historia y Ciencias Sociales, guionista de cine, y uno de los más importantes narradores cubanos de la actualidad. En la sección de literatura, Alba nos recomienda a Laura Gallego, una autora española de […]

La entrada Alberto Guerra en Radio Marmota se publicó primero en Radio Topo.

✇Ecologistas en Acción

Esixen a Altri no Porto que retire o seu proxecto de macrocelulosa na Ulloa

Por: Galiza
  • Activistas de ámbalas dúas organizacións despregan unha gran pancarta á hora na que os participantes na asemblea xeral da sociedade entraban no edificio LACS, preto da sede da empresa.
  • As organizacións pediron ás persoas accionistas de Altri que sexan responsábeis e acorden abandonar unha iniciativa industrial que só serviu pare xerar un enorme conflito social en Galicia.
  • Dende Portugal tamén esixiron á Xunta que desestime as solicitudes de concesión de augas e de autorización ambiental integrada do proxecto como paso previo ao anunciado arquivo do expediente.

Galería multimedia: Por unha terra viva, ALTRI non

Co gallo da celebración da Asemblea Xeral Anual da sociedade ALTRI, SGPS,SA, varias persoas activistas de Ecoloxistas en Acción e Greenpeace desprazáronse dende Galicia até a entrada do evento, no Edifício LACS da rúa Azevedo Coutinho do Porto, para esixir á empresa que desista de buscar fórmulas para construír a macrocelulosa na Ulloa e anuncie oficialmente que retira o proxecto. As organizacións despregaron diante da porta de entrada do evento unha gran pancarta que se se lía: “Por unha terra viva. Altri Non”.

Con esta acción simbólica, as organizacións ecoloxistas queren facer saber directamente ás persoas accionistas de Altri que o proxecto Gama non só é extraordinariamente lesivo para o medio ambiente, a sociedade e a economía galegas, senón que xerou un conflito social sen precedentes en Galicia, mobilizando a ducias de milleiros de persoas baixo o berro “Altri Non”.

“Non sabemos que é o que pensaran as persoas accionistas de Altri ao ver a milleiros de persoas berrando contra a súa empresa no país veciño. Nin sequera sabemos se a dirección da empresa as informou do conflito xerado. Que “Altri Non” sexa a frase máis repetida do último ano en Galicia debería facelos reflexionar sobre a súa responsabilidade social corporativa e prestixio, que cando menos no noso país está polo chan. Non se pode acosar a todo un pobo deste xeito. Coidamos que chegou a hora de que desistan oficialmente de continuar”, afirmou Cristóbal López, voceiro de Ecoloxistas en Acción Galiza.

No pasado febreiro, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou que a Xunta de Galicia ía iniciar o proceso para arquivar o proxecto industrial de Altri en Palas de Rei, algo corroborado polo propio presidente, Alfonso Rueda. No entanto, ningunha das persoas e organizacións personadas no proceso e recoñecidas como parte interesada recibiron aínda ningunha comunicación ao respecto, algo obrigatorio segundo a Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Ao tempo, as organizacións da Coordinadora galega Altri Non, entre as que está Ecoloxistas en Acción e Greenpeace, iniciaron unha campaña para se proceda a resolver en sentido desestimatorio, como paso previo ao seu arquivo, as solicitudes de concesión de augas e de autorización ambiental integrada relativas ao proxecto Gama, así como á revogación da declaración do mesmo como proxecto industrial estratéxico.

“O arquivo do expediente anunciado pola Xunta de Galicia non é dabondo porque alguén pode caer na tentación de gardar o proxecto nun caixón até atopar un contexto político-partidario máis favorábel. O que esiximos e a súa denegación por parte do goberno galego, mais tamén cómpre responsabilizar á empresa por presentarnos un proxecto extraordinariamente lesivo que mesmo provocou a desprotección ambiental ilegal do lugar onde querían construír, como sentenciou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Repetimos que é un proxecto que Galicia nin quere nin necesita e que a empresa ten que desbotar dunha vez. Xa abonda.”, concluiu Manoel Santos, voceiro de Greenpeace en Galicia.

La entrada Esixen a Altri no Porto que retire o seu proxecto de macrocelulosa na Ulloa aparece primero en Ecologistas en Acción.

  • No hay más artículos
❌