🔒
Hay nuevos artículos disponibles. Pincha para refrescar la página.
✇Ecologistas en Acción

Esixen que o Estado español se sume ao Tratado sobre os Combustíbeis Fósiles

Por: Galiza

A dous meses da Primeira Conferencia Internacional para a Transición Máis Aló dos Combustíbeis Fósiles (Colombia), Galiza sen Gas demanda á Xunta e ao Parlamento galego que apoien a creación dun instrumento legal vinculante para o abandono rápido e xusto do petróleo, o gas fósil e o carbón.

A plataforma Galiza sen Gas, xunto con máis de 100 organizacións de todo o Estado español, asinou a declaración “Por unha transición xusta dos combustíbeis fósiles”. O uso de enerxía fósil é a maior causa da emerxencia climática. En Galicia orixinou o 72% das emisións de gases causantes de cambio climático durante 2023, ano máis recente con datos oficiais.

Perante o fracaso dos cumios climáticos da ONU á hora de impulsaren o fin dos combustíbeis fósiles, a declaración avoga por un proceso complementario de cooperación internacional que promova a creación dun instrumento legal vinculante para o abandono rápido e xusto do petróleo, o gas fósil e o carbón.

A promoción dun Tratado sobre Combustíbeis Fósiles será un dos puntos a tratar na Primeira Conferencia Internacional para a Transición Máis Alá dos Combustíbeis Fósiles, que terá lugar no porto carbonífero colombiano de Santa Marta, do 24 ao 29 de abril, co-organizada por Colombia e os Países Baixos. A declaración anima ao Goberno español, que estará representado na conferencia, a exercer un papel chave no impulso deste novo tratado internacional que se destinaría a promover a eliminación planificada da enerxía fósil.

Galiza sen Gas demanda á Xunta e ao Parlamento galego que apoien tamén un Tratado internacional sobre os Combustíbeis Fósiles. O peche a comezos desta década das centrais térmicas de carbón de Meirama e As Pontes foi un avance decisivo para a desfosilización do sistema enerxético galego, posibilitado polo desenvolvemento renovábel pasado. Porén, Galicia aínda usa moito petróleo e gas fósil, tanto para o consumo interno como para a exportación, previo paso pola refinaría da Coruña e a regasificadora de Mugardos. En termos de enerxía primaria, petróleo e gas fósil supoñen, respectivamente, o 49,1% e o 23% do total dos recursos enerxéticos empregados no noso país, segundo o último Balance enerxético do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) da Xunta, correspondente a 2023.

A dependencia galega de petróleo e de gas fósil, ademais de contribuír á crise climática, á contaminación atmosférica e á destrución doutros territorios, xera inseguridade enerxética nun escenario xeopolítico cada vez máis hostil. Por iso, necesitamos unha sólida e participada planificación enerxético-climática para o abandono do gas fósil antes de 2035 e do petróleo antes de 2040 que, lastimosamente, non se quixo comezar a emprender na recentemente aprobada Lei do Clima de Galicia, que resultará por tanto moi pouco ineficaz. Os combustíbeis fósiles son un enorme atranco para afrontarmos a emerxencia climática e protexermos a nosa saúde, o noso benestar e o noso futuro.

 

* Galiza Sen Gas está integrada por Amigas da Terra, Amnistía Internacional Galicia, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Ecoar Global. Federación galega de Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, Observatorio Galego da Acción Climática (OGACLI) e Verdegaia.

La entrada Esixen que o Estado español se sume ao Tratado sobre os Combustíbeis Fósiles aparece primero en Ecologistas en Acción.

✇Ecologistas en Acción

ALTRI no será (en tiempos de ecorresistencia)

Por: Galiza

A pesar de que 2026 ha empezado de manera convulsa, con la ciudadanía siendo testigo de duros golpes a la democracia y ataques globales a los derechos de las personas y del medioambiente, el anuncio de cierre de ALTRI nos ha devuelto un poco la alegría y la esperanza. Porque la ecorresistencia funciona y todavía podemos escribir nuestro presente y nuestro futuro.

De hecho, el año pasado en Galiza pudimos celebrar no pocas victorias: finalizar el expolio de los montes comunales de Tameiga, expulsar a las mineras de San Finx y de Penouta, impedir el destrozo en el bosque del Banquete de Conxo, iniciar la reconquista de la isla de Toraya o articular masivas movilizaciones para denunciar el genocidio israelí. Todo ello fueron logros de la ciudadanía organizada de los que Ecoloxistas en Acción fue coprotagonista. Sin embargo, estos avances quedaron ensombrecidos ante la explosión de agresiones y amenazas de involuciones sociales y ambientales que se han arremolinado con fuerza apisonadora nada más comenzar este año.

Por eso, el anuncio de la Xunta de archivar el expediente de la concesión de la macro planta celulósica de ALTRI es una gran victoria que debemos celebrar y saborear despacio. Hay que festejar la victoria. Felicitarnos los unos a las otras con señas de complicidad comunitaria. Enhorabuenas y más enhorabuenas para el tejido asociativo de nuestro país y para la solidaridad del Estado español.

Que se desate la euforia,  ¿por qué no?, mientras la resaca no nos impida seguir de cerca los movimientos de la escenificación de la Xunta. Porque no hubo una quiebra en el negacionismo de la Xunta sobre los impactos ambientales y sociales de la industria extractivista. No hay hendidura en el terraplanismo del gobierno gallego del Partido Popular por la que hubiera calado una epifanía ecosocial que nos garantice que no volveremos a la casilla de salida, en breve, con este proyecto.

No es la primera vez que la Xunta esconde una intención contraria a su decisión. La pastera lusa tiene el trámite abierto para presentar alegaciones y, posteriormente, la posibilidad de interponer un contencioso administrativo para revertir el fallo de la Xunta, si este sigue siendo negativa para sus intereses mercantiles.

Un engaño así estuvo a punto de lograrlo la Xunta y los promotores del proyecto minero Alberta I, ahora llamado Mina Doade, cuando por las irregularidades e informes negativos la Xunta denegó la viabilidad ambiental y la empresa llevó a la Justicia esta decisión. Esperaban que una defensa tibia de su decisión hubiera conllevado una resolución judicial a favor de la minera, pero la personación de Ecoloxistas en Acción como codemandada les truncó la artimaña.

Aunque la decisión de la Xunta fuese una maniobra espuria, no deja de ser obligada por la fuerza de la movilización de la buena gente de A Ulloa y de la ciudadanía, en general, de Galiza. La Xunta del Partido Popular, que trabajó casi como comerciales a sueldo de ALTRI, tiene que estar muy forzada para recular así, aunque se habían dejado algún cartucho en la recamara.

De momento somos poco más que meros espectadores en este baile de dimes y diretes con que el presidente de la Xunta y su camarilla ornamenta su obligado paso atrás. Tiene su interés mirar toda esta representación e intentar leer entre líneas a estos expertos artífices del engaño. Ellos miden y calibran cada palabra que dicen. No tanto de admitir el error, echan la culpa al Gobierno central, acusándolo de boicotear el proyecto y saltarse las ”reglas” por mera rivalidad política y presentándose ellos como defensores ante la ignominia centralista.

Puede parecer una explosión dialéctica más, pero es un intento de seguir negando los graves impactos ambientales de este proyecto,de su política industrial en general y, sobre todo, de esconder la demostración de poder popular realizada por la gente de Galiza. Para que, como siempre, en la ciénaga política, todo esto se desvanezca de la memoria de las gallegas y gallegos antes del próximo episodio de elecciones nacionales.

Sería un error pensar que son predecibles y transparentes. La ecorresistencia tiene su fuerza en la unidad vecinal, pero esta se desbarata fácilmente si caemos en la ingenuidad de confiar en lo que nos dicen que van a hacer. Ni siquiera debemos dar crédito a los propios hechos, aunque parezcan consumados.

Así que sí, seguimos vigilantes. Y seguimos con fuerza reclamando territorios biodiversos donde poder tener vidas que merezcan la pena ser vividas. Pero hoy celebramos. Por Altri no será.

 

La entrada ALTRI no será (en tiempos de ecorresistencia) aparece primero en Ecologistas en Acción.

✇Ecologistas en Acción

ALTRI non será (en tempos de ecorresistencia)

Por: Galiza

A pesar de que 2026 empezou de maneira convulsa, coa cidadanía sendo testemuña de duros golpes á democracia e ataques globais aos dereitos das persoas e do medioambiente, o anuncio de peche de ALTRI devolveunos un pouco a alegría e a esperanza. Porque a ecorresistencia funciona e aínda podemos escribir o noso presente e o noso futuro.

De feito, o ano pasado en Galiza puidemos celebrar non poucas vitorias: finalizar o espolio dos montes comunais de Tameiga, expulsar ás mineiras de San Finx e de Penouta, impedir a desfeita no bosque do Banquete de Conxo, iniciar a reconquista da illa de Toraya ou articular masivas mobilizacións para denunciar o xenocidio israelí. Todo iso foron logros da cidadanía organizada dos que Ecoloxistas en Acción foi coprotagonista. Con todo, estes avances quedaron ensombrecidos ante o estoupido de agresións e ameazas de involuciones sociais e ambientais que se han arremolinado con forza apisoadora nada máis comezar este ano.

Por iso, o anuncio da Xunta de arquivar o expediente da concesión da macro planta celulósica de ALTRI é unha gran vitoria que debemos celebrar e paladear de vagar. Hai que festexar a vitoria. Palmearnos as costas os uns ás outras con acenos de complicidade comunitaria. Parabéns e máis parabéns para o tecido asociativo do noso país e para a solidariedade do Estado español.

Que se desate a euforia,  por que non?, mentres a resaca non nos impida seguir de preto os movementos da escenificación da Xunta. Porque non houbo unha quebra no negacionismo da Xunta sobre os impactos ambientais e sociais da industria extractivista. Non hai fenda no terraplanismo do goberno galego do Partido Popular pola que calase unha epifanía ecosocial que nos garanta que non volveremos á casilla de saída, en breve, con este proxecto.

Non é a primeira vez que a Xunta esconde unha intención contraria á súa decisión. A pasteira lusa ten o trámite aberto para presentar alegacións e, posteriormente, a posibilidade de interpoñer un contencioso administrativo para reverter o fallo da Xunta, se este segue sendo negativa para os seus intereses mercantís.

Un engano así estivo a piques de logralo a Xunta e os promotores do proxecto mineiro Alberta I, agora chamado Mina Doade, cando polas irregularidades e informes negativos a Xunta denegou a viabilidade ambiental e a empresa levou á Xustiza esta decisión. Esperaban que unha defensa morna da súa decisión conlevase unha resolución xudicial a favor da mineira, pero a comparecencia de Ecoloxistas en Acción como codemandada truncoulles a artimaña.

Aínda que a decisión da Xunta fose unha manobra espuria, non deixa de ser obrigada pola forza da mobilización da boa xente da Ulloa e da cidadanía, en xeral, de Galiza. A Xunta do Partido Popular, que traballou case como comerciais a soldo de ALTRI, ten que estar moi forzada para recuar así, aínda que se deixaron algún cartucho na recamara.

De momento somos pouco máis que meros espectadores neste baile de dimes e diretes con que o presidente da Xunta e o seu camarilla ornamenta o seu obrigado paso atrás. Ten o seu interese mirar toda esta representación e tentar ler entre liñas a estes expertos artífices do engano. Eles miden e calibran cada palabra que din. Non tanto de admitir o erro, botan a culpa ao Goberno central, acusándoo de boicotear o proxecto e saltarse as ”regras” por mera rivalidade política e presentándose eles como defensores ante a ignominia centralista.

Pode parecer unha explosión dialéctica máis, pero é un intento de seguir negando os graves impactos ambientais deste proxecto,da súa política industrial en xeral e, sobre todo, de esconder a demostración de poder popular realizada pola xente da Galiza. Para que, como sempre, na ciénaga política, todo isto desmoreza na memoria das galegas e galegos antes do próximo episodio de eleccións nacionais.

Sería un erro pensar que son predicibles e transparentes. A ecorresistencia ten a súa forza na unidade veciñal, pero esta desbarátase facilmente se caemos na inxenuidade de confiar no que nos din que van facer. Nin sequera debemos dar crédito aos propios feitos, aínda que parezan consumados.

Así que si, seguimos vixiantes. E seguimos con forza reclamando territorios biodiversos onde poder ter vidas que merezan a pena ser vividas. Pero hoxe celebramos. Por Altri non será.

 

La entrada ALTRI non será (en tempos de ecorresistencia) aparece primero en Ecologistas en Acción.

✇Ecologistas en Acción

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admite a trámite a demanda de Ecoloxistas en Acción contra a autorización de vertidos da mina de Touro

Por: Galiza
  • A situación crítica destas semanas con vertidos desde distintos puntos da mina evidencia a insuficiencia dos condicionantes impostos pola Xunta.
  • A pesar da autorización de vertidos para 1 millón e medio de litros anuais, a mina acumula expedientes sancionadores por vertidos ilegais.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de admitir a trámite a demanda interposta por Ecoloxistas en Acción contra a autorización de vertidos concedida por Augas de Galicia á mina de Touro, unha resolución administrativa que a organización ecoloxista considera contraria á legalidade e lesiva para o ambiente. A demanda xudicial chega tras a desestimación do recurso administrativo de alzada presentado o 24 de decembro de 2024 fronte á resolución que autorizou a Explotaciones Gallegas S.L. o vertido de un millón e medio de litros anuais de augas industriais, supostamente tratadas, ao rego Pucheiras, afluente do río Ulla, procedentes da corta inundada do Vieiro.

Ecoloxistas en Acción xa advertira a Augas de Galicia de que a autorización de vertido pretendía legalizar unha situación de verteduras ilegais coñecida pola Administración desde, cando menos, o ano 2018, tras unha inspección da Xefatura Territorial de Minas que constatou a existencia de achiques de augas contaminadas sen autorización de vertido procedentes da antiga explotación mineira de Touro, pechada desde 1988. Segundo a organización ecoloxista, unha vez constatada a existencia de vertidos non autorizados, Augas de Galicia tiña a obriga legal de incoar procedementos sancionadores, determinar os danos causados e esixir responsabilidades, tal e como establece o Regulamento do Dominio Público Hidráulico. Pola contra, a Xunta optou por iniciar un procedemento de autorización de vertidos sen depurar previamente as ilegalidades existentes, permitindo que os vertidos contaminantes continuasen producíndose durante anos.

Ecoloxistas en Acción denuncia tamén a fragmentación artificial do procedemento administrativo, ao tramitarse de forma separada proxectos de drenaxe, obras no dominio público hidráulico e autorizacións de vertido, evitando deliberadamente a súa avaliación conxunta. Esta fragmentación, sinala a entidade, impediu unha avaliación real dos impactos ambientais acumulativos e vulnera a normativa ambiental vixente.

O recurso de alzada puxo ademais de unmanifesto a estreita relación entre a autorización de vertidos e o proxecto de reapertura da mina, promovido pola empresa Cobre San Rafael. A planta de tratamento de augas da corta do Vieiro, cuxo vertido foi autorizado, aparece recollida tanto nos expedientes de drenaxe como na documentación do proxecto mineiro que recibiu unha Declaración de Impacto Ambiental negativa en 2020, e foi presentada publicamente polas empresas como un paso clave para posibilitar a reapertura da mina.

A organización ecoloxista alerta de que a autorización impugnada non garante o cumprimento da Directiva Marco da Auga, ao non asegurar a eliminación dos vertidos contaminantes existentes, ao permitir un seguimento baseado case exclusivamente en autocontrol da empresa e ao autorizar un vertido químico continuado a un curso fluvial xa degradado, sen medidas reais de restauración do río Pucheiras nin da conca afectada.

Coa admisión a trámite da demanda, o TSXG deberá pronunciarse agora sobre a legalidade dunha autorización que, segundo Ecoloxistas en Acción, prioriza os intereses da empresa fronte á protección das augas, consolida décadas de mala xestión ambiental e supón unha ameaza persistente para o río Ulla e as ría de Arousa.

La entrada O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admite a trámite a demanda de Ecoloxistas en Acción contra a autorización de vertidos da mina de Touro aparece primero en Ecologistas en Acción.

✇Ecologistas en Acción

Ecoloxistas en Acción leva ao Tribunal Xeral da UE a declaración como “estratéxica” da mina de Doade

Por: Galiza
  • A organización ecoloxista impugna a decisión da Comisión Europea por vulnerar a lexislación ambiental e o dereito a unha boa administración.
  • Denuncian un claro conflito de intereses tanto no proceso de avaliación como na actual tramitación do proxecto, ao ser a Xunta xuíz e parte no proceso.

Ecoloxistas en Acción presentou unha demanda de anulación ante o Tribunal Xeral da Unión Europea contra a Comisión Europea pola declaración da mina de Doade (Ourense) como proxecto estratéxico ao abeiro da Lei Europea de Materias Primas Críticas (CRMA). Segundo a organización ecoloxista, a Comisión Europea incorreu en erros de dereito e de apreciación ao outorgar esta cualificación a un proxecto que conta cunha ampla contestación social e que presenta riscos significativos para o medio ambiente e os ecosistemas da comarca, sen que se realizase unha avaliación ambiental rigorosa conforme esixe o propio regulamento europeo.

Ademais, Ecoloxistas en Acción apunta ao conflito de intereses que supuxo a participación do actual director de minaría da empresa Recursos Naturais de Galicia, Carlos Martínez Torres, no proceso de avaliación dos proxectos estratéxicos, precisamente cando o mesmo directivo for a responsábel pola preparación da candidatura da mina Doade, cando aínda traballaba para a empresa mineira.

Por outra parte, a participación de Recursos Naturais de Galicia —empresa público-privada dependente da Xunta— no proxecto da mina de Doade supón un evidente conflito de intereses, xa que a propia Administración galega pasa a actuar simultaneamente como promotora ou socia do proxecto mineiro e como autoridade responsable de avalialo, autorizalo e supervisalo desde o punto de vista ambiental e administrativo.

Esta dobre condición compromete a imparcialidade dos procedementos, debilita as garantías de control público e cuestiona a independencia das decisións adoptadas, ao existir un interese económico directo da Xunta no desenvolvemento da mina. Ademais, esta situación dificulta unha avaliación ambiental rigorosa, reduce a credibilidade institucional e limita a confianza da cidadanía nun proceso que debería priorizar a protección do territorio, da saúde pública e do interese xeral fronte a beneficios empresariais.

Ecoloxistas en Acción xa advertira previamente á Comisión Europea dos impactos críticos sobre ecosistemas de alto valor natural, a afección a recursos hídricos e acuíferos da zona, o risco de contaminación por residuos mineiros e a falta de garantías sobre a restauración do territorio. A pesar diso, a Comisión aceptou sen contraste a información achegada pola empresa promotora, impedindo o acceso á mesma.

“A Comisión Europea renunciou á súa obriga de control e limitouse a dar por boa a documentación presentada pola empresa, cando o Regulamento de Materias Primas Críticas esixe que os proxectos estratéxicos se executen de maneira verdadeiramente sostible”, explica Jaime Doreste, avogado que representa a Ecoloxistas en Acción ante o Tribunal Xeral da UE, con sede en Luxemburgo. A demanda tamén denuncia que a Comisión sostivo que non ten a obriga de motivar publicamente por que o proxecto da mina de Doade cumpre cos criterios legais para ser declarado estratéxico, unha interpretación que, segundo Ecoloxistas en Acción, vulnera o Convenio de Aarhus ao limitar o dereito á información e á participación pública das comunidades afectadas.

A organización lembra que a declaración como proxecto estratéxico non é un acto neutro, xa que acelera os procedementos de autorización, reduce na práctica as garantías ambientais establecidas polas directivas europeas e ten un impacto directo sobre o territorio e a poboación local. No caso do proxecto de mina Doade, a propia Xunta xa acordou o ano pasado a reducción dos prazos de tramitación á metade, limitando as posibilidades dos órganos sectoriais de avaliar un proxecto complexo e con graves deficiencias.

Con esta demanda, Ecoloxistas en Acción solicita ao Tribunal Xeral da Unión Europea que anule a decisión da Comisión Europea e deixe sen efecto a declaración da mina de Doade como proxecto estratéxico. “A transición ecolóxica non pode facerse a costa do medio ambiente nin dos dereitos das comunidades locais. O Estado de Dereito europeo tamén debe aplicarse cando falamos de minería”, conclúe Doreste.

 

La entrada Ecoloxistas en Acción leva ao Tribunal Xeral da UE a declaración como “estratéxica” da mina de Doade aparece primero en Ecologistas en Acción.

✇Ecologistas en Acción

Ecoloxistas en Acción amplía a súa denuncia polo desastre de Monte Neme poñendo o foco no director de obra

Por: Galiza
  • Demostra que a Xunta tiña coñecemento da existencia da galería pola que se verteron as augas contaminadas e que a falla foi consecuencia das obras.
  • Cuestiona o criterio da licitación da dirección de obra, considerando o longo historial de proxectos salpicados de ilegalidades.

Logo de que o pasado luns Ecoloxistas en Acción presentara nos xulgados de Carballo unha denuncia penal pola falla crítica dunha das balsas mineiras de Monte Neme, situadas entre Malpica e Carballo, a organización ecoloxista ven de ampliar a súa denuncia para incluir entre os presuntos responsábeis o director de obra e coordinador de seguridade, o enxeñeiro de minas José Manuel Corbal Debén.

Corbal foi o adxudicatario da licitación realizada pola Consellaría de Economía e Industria para os lotes 1 e 2 da obra de restauración da mina de Monte Neme, consistentes na dirección das actuacións, que precisamente se iniciaron poucas semanas antes da falla que se produciu na madrugada do pasado sábado.

As chaves do desastre, que provocou que un enorme volumen de augas tóxicas se verteran monte abaixo cara a Praia dos Riás, dentro da ZEPA Costa da Morte, espazo protexido da Rede Natura 2000, foron os movementos de terra realizados nas balsas maiores, deslocando a auga almacenada para a balsa menor, que finalmente rebentou.

Esta balsa contaba cunha galería transversal que xa fora inventariada pola Xunta en 1998 e que, de feito, logo do anterior desastre producido en 2014 cando rebentou a maior das balsas, fora proposta polo Concello de Carballo como galería de drenaxe. Ecoloxistas en Acción denuncia as falsedades da Xunta nos momentos iniciais, cando se informou que a galería era descoñecida e que os movementos de terra non gardaban relación co acontecido.

Un historial de polémicas mineiras

Esta non é a primeira vez que o director agora denunciado está envolto en polémica. En 2009 foi un dos promotores da reapertura das Minas de San Finx, en Lousame, asinando un proxecto do ano anterior que excluía as presas de residuos mineiros e non prevía ningún tipo de tratamento para as augas contaminadas procedentes do interior da mina. A contaminación resultante levou á imposición dunha sanción de 180.000 euros por verteduras ilegais e aínda están abertas dilixencias penais en Noia por presuntos delitos ambientais.

Corbal tamén foi o promotor e director facultativo da Mina de Varilongo, en Santa Comba e Coristanco, e do proxecto “Corcel”, da sueca Eurobattery Minerals, que realizou sondeos ilegais. Como en San Finx, a mina viuse envolta noutro caso de verteduras ilegais e logo dun procedemento sancionador, a Xunta acabou por declarar a caducidade das concesións.

Xa na Gudiña, en Ourense, Corbal é promotor xunto coa mesma empresa sueca doutro proxecto de volframio, sobre o que no mes de decembro un xulgado de Santiago abriu dilixencias penais por presuntos delitos de prevaricación. Este caso tamén abriu un conflito diplomático con Portugal, pois a pesar de que a mina está a tan só 2 km da fronteira, non se realizou o trámite de avaliación transfronteiriza.

Tamén foi asinou o polémico proxecto do vertedoiro de Toysal en Casalonga (Teo), situado sobre unha antiga canteira, e que foi paralizado en 2024 polo Tribunal Superior de Xustiza, logo de recoñecer que a actividades carecía de autorizacións válidas.

 

La entrada Ecoloxistas en Acción amplía a súa denuncia polo desastre de Monte Neme poñendo o foco no director de obra aparece primero en Ecologistas en Acción.

✇Ecologistas en Acción

Desconexión dixital: Ecoloxistas en Acción chama a participar en Off February e anima a camiñar en vez de facer ‘scroll’

Por: Galiza
  • A organización ecoloxista convida a sumarse ao reto de desinstalar as redes sociais dos smartphones durante os 28 días do mes de febreiro, unha proposta impulsada polo Movemento Off.
  • Esta campaña busca concienciar dos problemas xerados por unha hiperconexión cotiá ao móbil, que rouba o tempo e a atención ás persoas. Á súa vez, denuncia o impacto ambiental desta tecnoloxía e as consecuencias negativas da hiperexposición e do control social que implica.
  • O pistoletazo de saída da campaña terá lugar o próximo 7 de febreiro coa acción global ‘Camiña, non fagas scroll’ que se realizará simultaneamente en distintas localidades como Caravaca, Guadalaxara, Castelló, Madrid, Málaga, Segovia, Sevilla, Valencia, Vigo, Londres, Marsella ou París.
  • Sobre o debate xerado polo anuncio de Pedro Sánchez acerca da prohibición do acceso a redes sociais a menores de 16 anos, Ecoloxistas en Acción defende que é unha medida necesaria e acertada para protexer á infancia e adolescencia. 

Xunto a máis de 50 entidades, a organización ecoloxista e o seu programa Escola Saudable colaboran na campaña global Off February, unha invitación a desinstalarse as redes sociais dos teléfonos móbiles durante o mes de febreiro. Tamén o fan máis de 10 sociedades científicas do ámbito da saúde, incluídas na Plataforma control Z, numerosas organizacións críticas á hiperdixitalización ?especialmente de menores pola súa afectación nos ámbitos de saúde, aprendizaxe e desenvolvemento? así como organizacións e plataformas que apostan por usos biocompatíbeis da tecnoloxía..

“Non se trata de fuxir do mundo, senón de reconectar con el; sempre podes seguir utilizando as túas redes desde a túa navegador e facer así un uso máis intencional e sobrio da tecnoloxía, mentres se teña unha idade madurativa para iso como se recomenda desde a pediatría. Tamén se pode aproveitar para borrar calquera app que che roube máis tempo do valor que che achega”, defende Xulio Carmona, voceiro de Ecoloxistas en Acción.

Ao longo do mes de febreiro realizaranse diferentes actividades para concienciar da importancia da desconexión dixital para a saúde das persoas e o medio ambiente. A primeira delas será a acción global “Camiña, non fagas scroll” o vindeiro sábado 7 de febreiro. Miles de persoas de diferentes localidades participarán en camiñadas que roldan os 5,04 quilómetros, a distancia que unha acode usuaria media percorre co polgar ao facer scroll no seu móbil ao longo dos 28 días do mes de febreiro, é dicir, uns 180 metros diarios.

“Esta acción transforma un xesto solitario, pasivo e automático nun acto consciente, colectivo e ancorado no físico. O que antes era desprazarse por unha pantalla convértese en mover o corpo no mundo real”, engade Carmona.

Ao sumarse á campaña, Ecoloxistas en Acción incide en que a hiperconexión aos móbiles “róubanos o tempo e a atención e desconéctanos ás persoas dunha vida relacional real e en comunidade”. Ao mesmo tempo, a organización ecoloxista pon o acento na pegada ambiental desta hiperconexión, “que é inasumíbel para o planeta”, na hiperexposición a dispositivos e redes sen fíos, así como nas estratexias de algoritmización e control social.

Prohibir as redes sociais a menores de 16 anos, unha medida acertada e necesaria

Ecoloxistas en Acción celebra o recente anuncio de Pedro Sánchez en Dubai sobre a prohibición do acceso ás redes sociais a menores de 16 anos e a obrigación das plataformas dixitais de pór medidas de control de idade efectivas. E engade que liberar e protexer a infancia e adolescencia dunhas redes sociais “adictivas, algorítmicas e de control social” nunha etapa de desenvolvemento de maior vulnerabilidade, conta na actualidade co respaldo da comunidade científica.

Trátase dun debate que non é novo, tal e como quedou exposto no informe do Comité de Persoas Expertas de 2024, onde Ecoloxistas en Acción participou a través do seu portavoz, Javier Zarzuela. Tamén se reivindicou abertamente na mobilización de xuño de 2025 polo dereito á desconexión dixital e a saúde dos menores, impulsada polo Movemento Off; e recóllese nas distintas actuacións que vén realizando a Plataforma Control Z, formada por 10 sociedades científicas e organizacións como Adolescencia Libre de Móbiles, Movemento Off e Ecoloxistas en Acción

Carmona concluíu: “Xunto con organizacións pediátricas, médicas, educativas e familias, Ecoloxistas en Acción levamos anos denunciando, a través do programa Escola Saudable, o impacto das redes sociais na infancia e adolescencia. Son persoas cuxo cerebro está aínda en proceso madurativo, máis vulnerables aos efectos adversos dos smartphones no neurodesenvolvemento e na súa saúde física e mental, amplamente recollidos na bibliografía médica. Por iso, celebramos este anuncio de Pedro Sánchez e esiximos que non quede en meras palabras, senón en accións reais que contribúan a protexer a infancia e mocidade”.

 

Enlace á campaña global OFF Festival.

Actividades do OFF February en Vigo.

 

Vídeos de Ecoloxistas en Acción apoiando o Off February

La entrada Desconexión dixital: Ecoloxistas en Acción chama a participar en Off February e anima a camiñar en vez de facer ‘scroll’ aparece primero en Ecologistas en Acción.

✇Ecologistas en Acción

Presentan a campaña ‘Off february’ para desconectar das redes sociais este mes de febreiro

Por: Galiza

Adolescencia Libre de Móbiles, Ecoloxistas en Acción e Escola Saudable presentan a campaña ‘Off february’ para desconectar das redes sociais este mes de febreiro.

Adolescencia Libre de Móbiles, Ecoloxistas en Acción e Escola Saudable, xunto a máis de 50 entidades a nivel global, invitan a sumarse ao reto de desconectarse das redes sociais dos smartphones durante os 28 días de febreiro. Colaboran nesta campaña de concienciación global lanzada polo Movemento Off, ante unha hiperconexión cotidiá que nos rouba o tempo e a atención e desconéctanos dunha vida relacional real e en comunidade.

Chaman, igualmente, a participar nas distintas actividades programadas en Vigo como un roteiro, co lema “Camiña non fagas Scroll”, convocada simultaneamente a nivel global o sábado 7 en distintas localidades.
Adolescencia Libre de Móbiles, Ecoloxistas en Acción e Escola Saudable colaboran e impulsan a campaña global ‘Off february’, que conta coa adhesión, entre outras, de numerosas sociedades científicas do eido da saúde e de numerosas organizacións críticas coa disruptiva hiperdixitalización, especialmente cando se fai precozmente nos menores sen atender as súas afectacións na saúde, a aprendizaxe e o desenvolvemento.

Non se trata de fuxir do mundo, senón de reconectar con el e de aprender a facer un uso máis intencional e sobrio da tecnoloxía (sempre que se teña unha idade madurativa suficiente para iso, como recoméndase dende a pediatría). Neste mes de febreiro ditas organización teñen programadas na cidade de Vigo as seguintes actividades:

  • O sábado 7, as 12:00 no Café O Castro: co lema ‘Camiña en vez de facer Scroll’, comezará un roteiro do patrimonio ambiental e histórico-cultural do Parque do Monte do Castro.
  • O xoves 19, ás 19:00 no C.S. A Nubeira: Faladoiro co artista e ilustrador Kiko Da Silva, creador das imaxes da Exposición: “Medrar con pantallas non é igual a progreso”.
  • O Venres 27, ás 19:00 no C.S. A Nubeira: Faladoiro con Julio Rodríguez López, biólogo y doutor en medicina molecular, sobre o impacto das pantallas na saúde física y mental, na presentación do seu libro “Jugar por jugar, el juego en el desarrollo psicomotor y en el aprendizaje”.

Vivir hiperconectado, con Julio Rodríguez

La entrada Presentan a campaña ‘Off february’ para desconectar das redes sociais este mes de febreiro aparece primero en Ecologistas en Acción.

✇Ecologistas en Acción

Ecoloxistas en Acción presenta denuncia penal polo vertido tóxico das balsas da mina de Monte Neme

Por: Galiza

Ecoloxistas en Acción presenta unha denuncia penal contra responsables políticos e técnicos da Xunta de Galicia por delitos contra o medio ambiente en relación coa falla crítica dunha balsa de residuos mineiros da mina de Monte Neme.

Ecoloxistas en Acción presentou este luns, 2 de febreiro, unha denuncia penal nos xulgados de Carballo por presuntos delitos contra o medio ambiente en relación coa falla crítica dunha balsa de residuos mineiros da mina de Monte Neme, ocorrida o pasado 31 de xaneiro. A denuncia diríxese contra responsables políticos e técnicos da Xunta de Galicia, así como contra as empresas integrantes da UTE MONTENEME, encargadas das obras de restauración da explotación mineira. Entre as persoas denunciadas atópanse a conselleira de Economía e Industria, o director xeral de Planificación Enerxética e Minas e un enxeñeiro de minas do departamento territorial da Coruña.

A falla, moi similar á que levou a un desastre ambiental en 2014, produciuse nunha das balsas situadas ao sur da explotación, provocando o vertido incontrolado dun gran volume de augas contaminadas con metais pesados, que descenderon ata o Rego de Tuixe, o Rego dos Riás e finalmente a Praia dos Riás, dentro da ZEPA Costa da Morte, espazo protexido da Rede Natura 2000. O vertido ocasionou danos ambientais visibles ao longo de todo o percorrido e obrigou ao corte dunha estrada local entre Leiloio e Aviño.

A organización ecoloxista desmente as versións oficiais que apuntan a un accidente fortuíto causado polas choivas ou pola existencia dunha galería “descoñecida”. Segundo a documentación achegada, a galería pola que se produciu o baleirado da balsa estaba perfectamente inventariada desde polo menos 1998 en documentos oficiais da propia Administración autonómica.

Ecoloxistas en Acción considera que a falla está directamente relacionada cos traballos de restauración impulsados pola Xunta de Galicia, iniciados en decembro de 2025, durante os cales se realizaron importantes movementos de terras que provocaron o desprazamento das augas contaminadas cara a unha balsa que non reunía condicións de estabilidade suficientes. Parte destas augas deberían terse sometido a un proceso de tratamento, que supón máis da metade do orzamento do proxecto, financiado con fondos europeos Next Generation.

A denuncia subliña tamén a contradición entre as análises oficiais actuais, que descartan contaminación poucas horas despois do vertido, e as realizadas tras a falla de 2014, cando Augas de Galicia confirmou a toxicidade das augas e lodos vertidos desde a mesma mina. Aquela rotura, ocorrida hai doce anos, verteu máis de 24.000 metros cúbicos de augas contaminadas, causando danos por centos de miles de euros e afectando gravemente ás parroquias de Aviño e Razo da Costa.

Para Ecoloxistas en Acción, o sucedido o 31 de xaneiro non é un feito illado, senón a consecuencia de décadas de abandono, falta de control e actuacións administrativas irregulares, a pesar de que a perigosidade das balsas de Monte Neme está documentada en múltiples inventarios oficiais desde finais dos anos noventa.

A organización solicita ao xulgado a apertura de dilixencias previas, a toma de mostras e análises independentes das augas e sedimentos, así como o requirimento de toda a documentación administrativa e técnica relacionada coa mina, coas obras de restauración e coas autorizacións de vertido.

Ecoloxistas en Acción anuncia ademais a súa intención de personarse como acusación popular no procedemento penal e reclama responsabilidades políticas e penais para evitar que episodios de contaminación grave en espazos protexidos volvan repetirse con total impunidade.

 

 

La entrada Ecoloxistas en Acción presenta denuncia penal polo vertido tóxico das balsas da mina de Monte Neme aparece primero en Ecologistas en Acción.

✇Ecologistas en Acción

Alertan que a Ría de Ferrol atéigase de vertidos de toalliñas húmidas

Por: Galiza

A xente mariñeira de Ferrolterra alertan que a Ría de Ferrol atéigase entre vertidos e toalliñas húmidas.

A Ría de Ferrol sufre unha contaminación inaceptable malia os millóns investidos no seu saneamento. Décadas de vertidos urbanos e industriais degradaron os ecosistemas mariños, pecharon bancos marisqueiros e castigaron o sector pesqueiro artesanal, mentres as administracións seguen sen dar unha resposta eficaz.

Un dos símbolos máis visibles desta mala xestión son as toalliñas húmidas, residuos plásticos que chegan ao mar a través do saneamento. Non son biodegradables, poden tardar séculos en desaparecer e fragmentan en microplásticos que xa están a entrar na cadea alimentaria humana.

Durante episodios de choiva intensa, as estacións depuradoras seguen a verter sólidos ao medio mariño. Pescadores da zona entre Prioriño Chico e Prioriño Grande denuncian que recollen nas redes auténticas marañas de toalliñas e lixo mesturado co peixe. Hai xornadas perdidas, aparellos inutilizados e perdas económicas directas.

Non se trata dun problema anecdótico, senón dun fallo estrutural do sistema de saneamento e dunha falta de control por parte das administracións. Cada desbordamento é unha agresión á ría, á biodiversidade e á saúde pública.

Os microplásticos procedentes destas toalliñas transportan substancias tóxicas que poden alterar o sistema hormonal dos organismos vivos e acumularse no corpo humano. A contaminación da ría xa non é só un problema ambiental, é tamén un grave problema de saúde pública.

Ecoloxistas en Acción esixe CERO vertidos sen tratar:

  • Auditorías reais das EDAR e Control público efectivo da Xunta de Galicia.
  • Redución drástica dos produtos plásticos de uso cotiá e responsabilidade das empresas produtoras de toalliñas.

La entrada Alertan que a Ría de Ferrol atéigase de vertidos de toalliñas húmidas aparece primero en Ecologistas en Acción.

✇Ecologistas en Acción

ALTRI non, grazas

Por: Galiza
  • O corazón de Galicia está amenazado de morte pola instalación dunha macrocelulosa na comarca da Ullo.
  • A posta en marcha da macro fabrica de Altri cambiará para sempre a fisonomía da comarca da Ulloa poñendo en perigo a economía tradicional e sostible existente na zona.

O continuo vertido de augas residuais desta pasteira terá un enorme impacto, deixando un río morto augas abaixo, incluso afectando gravemente ao ecosistema da ría de Arousa e súa economia dependente da pesca e marisqueo.

O que eles chaman progreso merma a nosa calidade de vida e compromete o noso futuro. ¡ALTRI non, grazas!

 

Coa colaboración económica so MITERD

La entrada ALTRI non, grazas aparece primero en Ecologistas en Acción.

✇Ecologistas en Acción

O xulgado de Santiago incoa dilixencias por presunta prevaricación na autorización dunha mina na Gudiña

Por: Galiza
  • Ecoloxistas en Acción denunciou ao director xeral de planificación enerxética e minas e ao administrador da empresa sueca Eurobattery Minerals.
  • A denuncia por presuntos delitos de prevaricación, desobediencia e delitos contra o medio ambiente é consecuencia da prórroga ilegal concedida a unha mina de volframio na Gudiña (Ourense).
  • A concesión mineira caducou o ano pasado, carece de avaliación de impactos transfronteirizos e ameaza sobre o Parque Natural de Montesinho.

O Xulgado de Instrución N.º 1 de Santiago ven de incoar dilixencias penais para investigar os presuntos delitos de prevaricación no que tería incorrido Pablo Fernández Vila, director xeral de Planificación Enerxética e Minas da Consellería de Economía e Industria, ao conceder a finais do ano pasado unha prórroga ilegal de 30 anos para a concesión mineira “San Juan”, na Gudiña (Ourense).

O procedemento xudicial é o resultado dunha denuncia penal presentada por Ecoloxistas en Acción contra o alto cargo da Xunta e Roberto García Martínez, administrador de Eurobattery Minerals e a súa filial ourensá Tungsten San Juan S.L., por presuntos delitos de prevaricación, desobediencia e delitos contra o medio ambiente. Delitos, estes últimos, que serán investigados de xeito separado nos xulgados de Ourense.

A organización ecoloxista expuxo ante o xulgado que pesan sobre este proxecto mineiro dúas sentenzas firmes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e do Tribunal Supremo establecendo que calquera prórroga tiña que ser sometida a unha nova avaliación de impacto ambiental. O director xeral Pablo Fernández Vila, coa presunta participación de funcionarios da delegación territorial en Ourense, terían autorizado a prórroga sabendo da súa ilegalidade co obxetivo de prescindir da preceptiva avaliación de impacto ambiental.

Ademais, estando a mina proposta a tan só 2 km da fronteira portuguesa, o proxecto debía terse sometido obrigatoriamente a unha avaliación de impactos transfronteirizos, que non se realizou nin en 2014, coa tramitación inicial, nin neste momento. De feito, o pasado mes de decembro, o gabinete da Ministra do Ambiente e da Enerxía de Portugal, Maria da Graça Carvalho, recoñeceu que as autoridades españolas en ningún momento notificaron ás portugueses e deu instrucións á Agencia Portuguesa do Ambiente (APA) para que pedira explicacións formais a Madrid pola situación.

A mina está inmediatamente augas arriba da fronteira e do Parque Natural de Montesinho, dos que o separan tan só 2 km. O Parque de Montesinho é un espazo da Rede Natura 2000 integrado ademais na Reserva da Biosfera Transfronteiriza da Meseta Ibérica. Tamén está a tan só 1 km da ZEC Pena Maseira, tamén en Rede Natura, sendo obvio que a actividade afectará a ambos os dous espazos.

Paralización cautelar da explotación ilegal
Ecoloxistas en Acción recalamará a paralización cautelar dos traballos de explotación que iniciou a empresa sueca nos últimos meses, unha vez que a mina tería impactos severos sobre o río Rabaçal, ao que ten previsto verter augas con altas concentracións de metais pesados sen ningún tipo de tratamento.

O proxecto aprobado pola Xunta en 2015 e agora prorrogado prevía explotar unhas 50.000 toneladas de material en 5 cortas a ceo aberto durante 10 anos empregando 11 traballadores. Fronte a iso, Eurobattery Minerals ven desenvolvendo nas últimas semanas unha intensa campaña de propaganda na que promete crear 130 empregos, o cal contradí o proxecto aprobado. Nunha festa organizada pola empresa sueca na Gudiña a comezos de decembro, as cifras de empregos anunciada era 12 veces maior que os contemplados na realidade.

A empresa nominalmente sueca, que iniciou nas últimas semanas grandes movementos de terra, xa se tivera que enfrontar a un procedemento sancionador en 2020 cando tentou abrir unha mina a ceo aberto de níquel entre Santa Comba e Coristanco, realizando sondeos sen ningún tipo de autorización. Agora, ven realizando enormes movementos de terra na mina da Gudiña, a pesar de ter caducado fai anos a declaración de impacto ambiental outorgada en 2014.

Ademais, o proxecto de 2015 indica que o mineral sería enviado á mina de San Finx, en Lousame, para o seu procesado, algo inviable logo de que o ano pasado se declarase a caducidade desas concesións mineiras e se revocara a autorización de vertidos da mina pola contaminación continuada con metais pesados dun río próximo.

Proxecto estratéxico europeo
Segundo Ecoloxistas en Acción, a actuación da Xunta respondeu á pretensión da empresa de presentar o proxecto da Gudiña á convocatoria da Comisión Europea de proxectos estratéxicos europeos que pecha finaliza o día 15 de xaneiro. O feito de que a concesión estivese caducada e sen unha declaración de impacto ambiental vixente, restaría posibilidades á empresa sueca, que xa pinchou en 2025 cando fracasou coa candidatura doutro proxecto mineiro en Finlandia.

A consideración como proxecto estratéxico suporía prazos acelerados para conseguir autorizacións e a pasar por riba da lexislación en materia de augas e espazos protexidos, algo que a Xunta xa puxo en práctica en 2025 co proxecto de mina de litio en Doade, tamén en Ourense. “Non permitiremos que unha mina totalmente ilegal utilice a artimaña dos proxectos estratéxicos europeos para operar á marxe das obrigas que establece a lexislación europea e convenios internacionais”, remarca Cristóbal López, voceiro de Ecoloxistas en Acción.

La entrada O xulgado de Santiago incoa dilixencias por presunta prevaricación na autorización dunha mina na Gudiña aparece primero en Ecologistas en Acción.

✇Ecologistas en Acción

Mobilización contra o Acordo de Libre Comercio UE-Mercosur

Por: Galiza

O movemento Plantámonos apoia a convocatoria do Sindicato Labrego Galego contra o Acordo de Libre Comercio UE-Mercosur, o vindeiro luns 12 de xaneiro ás 12:00 horas fronte á Delegación do Goberno en A Coruña.

As organizacións Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace, integrantes do movemento Plantámonos, manifestan publicamente o seu apoio á concentración contra o Acordo de Libre Comercio UE-Mercosur convocada polo Sindicato Labrego Galego, tamén integrante do movemento Plantámonos.

O movemento Plantámonos anima á cidadanía a participar nesta concentración do vindeiro luns 12 de xaneiro ás 12:00 horas fronte á Delegación do Goberno na Coruña, no contexto das mobilizacións convocadas en toda Europa pola ECVC (Coordenadora Europea Vía Campesina).

Para o movemento Plantámonos a integración da alimentación nos acordos de libre comercio supón o reforzamento da agroindustria en prexuízo das producións labregas —neste caso europeas e suramericanas—, aumentando a destrución social e ambiental asociada a este modelo de produción de alimentos concentrado en cada vez menos mans, orientado á especulación e á exportación, causante de despoboamento rural, ecoloxicamente insustentable e importante fonte de crise climática.

As sociedades europeas e suramericanas non precisan de máis agroindustria, máis alimentos quilométricos, máis monocultivos depredadores de solo fértil e auga doce, máis precariedade e empobrecemento labrego nen máis agrotóxicos, precisamos de alimentos sans, seguros, nutritivos e accesibles, producidos con dignidade o máis perto posible do lugar de consumo, coidando a terra e a paisaxe, mantendo o medio rural vivo, freando a crise climática. Isto supón transformar os nosos sistemas agroalimentarios cara á agroecoloxía e construír soberanía alimentaria, xusto todo o contrario do que sucede asinando tratados de libre comercio nos que os alimentos entran como moeda de cambio.

 


 

La entrada Mobilización contra o Acordo de Libre Comercio UE-Mercosur aparece primero en Ecologistas en Acción.

  • No hay más artículos
❌