🔒
Hay nuevos artículos disponibles. Pincha para refrescar la página.
✇Ecologistas en Acción

Alertan sobre a presenza continuada de verteduras de augas residuais no río Oitavén

Por: Galiza
  • Ecoloxistas en Acción alerta sobre a presenza continuada de verteduras de augas residuais no río Oitavén e os seus graves impactos ambientais e sobre a saúde pública
  • As verteduras foron advertidas pola veciños que informan de verteduras continuadas no río Oitavén. Os residuos poden xerar afeccións na auga potable de varios municipios e a cidade de Vigo.
  • Ecoloxistas en Acción reclama que os vertidos autorizados cumplan coa lei que obriga ós titulares das autorizacións a garantir o tratamento axeitado das augas residuais antes da súa verteduras.

Segundo testemuños veciñais e observacións directas realizadas na contorna da presa do Oitavén (Encoro de Eiras). Ecoloxistas en Acción informa da detección de verteduras continuadas de augas residuais no río Oitavén, situación que supón unha grave ameaza para a calidade ambiental do río e para a saúde das persoas que viven na súa contorna. Estas verteduras provocan a contaminación das augas, afectando á biodiversidade acuática, alterando os ecosistemas e xerando riscos sanitarios significativos, incluíndo a presenza de patóxenos e substancias químicas nocivas.

Treito do río que recibe verteduras

A organización denuncia que estes vertidos afectan ao río Oitavén, un curso fluvial estratéxico xa que abastece o Encoro de Eiras, a principal fonte de auga potable da área metropolitana de Vigo e da súa comarca.

Ecoloxistas en Acción, preocupada polos impactos que o cambio climático terá sobre o medio ambiente e a saúde pública, chama a atención das autoridades competentes e da cidadanía sobre que estes vertidos, habituais na Comunidade Autónoma Galega, supoñen un perigo para os ecosistemas e para a saúde das persoas.

A organización ecoloxista reclama unha actuación inmediata das autoridades competentes para identificar as causas destas verteduras, adoptar medidas correctoras e garantir o cumprimento das normativas ambientais e de saneamento vixentes, co obxectivo de protexer tanto os ecosistemas fluviais como a saúde pública. O vertido denunciado vulnera o principio de non deterioro recollido na Directiva Marco da Auga (2000/60/CE) e incumpre as obrigas establecidas na Lei 9/2010 de Augas de Galicia, que obriga aos titulares das autorizacións a garantir o tratamento adecuado das augas residuais antes da súa vertedura.

La entrada Alertan sobre a presenza continuada de verteduras de augas residuais no río Oitavén aparece primero en Ecologistas en Acción.

✇Ecologistas en Acción

Denuncian o destrozo de hábitats prioritarios na Estrada

Por: Galiza
  • Ecoloxistas en Acción denuncia o destrozo de humidais e hábitats prioritarios pola actuación levada a cabo polo Concello da Estrada e o Servizo de Prevención de Incendios de Pontevedra en vías forestais das parroquia de Souto e Codeseda e límites con Cerdedo – Cotobade.
  • Alertan de que estas obras están afectando á poboacións de 5 especies de flora ameazadas e tendo un grave impacto en elementos patrimoniais moi relevantes.

Brezal de Chan de Lamas

Brezal de Chan de Lamas, zona afectada por las obras.

Ecoloxistas en Acción denuncia que as obras de ensanche e apertura de novos viais na Estrada xa provocou a eliminación ou perturbación de exemplares de 5 especies de flora ameazadas. Destacan que entre estas especies atópase a Lycopodiella inundata, un raro fieito en perigo de extinción que ten nesta zona a maior poboación galega da especie.

A organización ecoloxista alerta que esta actuación nas parroquias de Souto e Codesada tivo un impacto negativo importante nas poboacións de Narcissus pseudonarcissus subsp. nobilis e Narcissus cyclamineus, dúas especies bulbosas que se viron directamente afectadas polos cortes no terreo. Ademais, tamén se están vendo afectadas dúas especies de briófitas amenazadas Sphagnum pylaesii e Fuscocephaloziopsis connivens, debido ás alteracións sufridas no seu fráxil ecosistema, as brañas.

Por outra banda, advirten que tamén se viron danados Hábitats de Interese Comunitario, entre eles dous considerados prioritarios pola Directiva Hábitats (Normativa da Unión Europea creada en 1992 para protexer a biodiversidade europea mediante a conservación os hábitats naturais e as especies de fauna e flora silvestres). Estes dous hábitats prioritarios son as turbeiras altas activas e os Brezais Humidos Atlánticos de E.tetralix e E. ciliaris, os cales se viron seriamente afectados ao ser atravesados pola maquinaria.

Estes dous hábitats teñen moi pouca resiliencia ante as alteracións, máis aínda cando esas alteracións afectan ao nivel freático como sucede neste caso. Cabe destacar que estes lugares son o refuxio de moitas especies ameazadas como a Lycopodiella inundata ou a Littorella uniflora, que conta nun destes brezais cunha das cinco poboacións que se coñecen actualmente en Galicia.

Denuncian que estas actuacións leváronse a cabo sobre varias Zonas Húmidas incluídas no Inventario de Zonas Húmidas de Galicia, así como en varios nacentes de regatos tributarios do río Umia. “Cando a prevención mal plantexada, fai máis mal que ben”, apuntan desde Ecoloxistas en Acción, xa que as obras realizadas, ademais de movementos de terras, inclúen a instalación de tubaxes drenantes.

Para a organización ecoloxista a instalación destas tubaxes provocan o efecto contrario á prevención de incendios, pois o que están facendo é drenar e secar as brañas afectadas, que son ecosistemas que de xeito natural funcionan como almacéns de auga durante todo o ano. Alertan que con estas actuacións, o vindeiro verán esta zona estará máis seca,  polo tanto, máis susceptible de arder. “As propias brañas xa son cortalumes naturais, polo tanto, cando este tipo de infraestruturas se fan sen planificación e análise previa do territorio poden provocar efectos adversos, coma neste caso”, declara o voceiro de Ecoloxistas en Acción.

As brañas ou zonas húmidas son un ecosistema moi característico de Galicia porque dado o tipo de chan que temos, son o almacén natural de auga, teñen o efecto esponxa, e son as que dan auga aos nosos ríos, regatos e mananciais de moitas traídas. Son polo tanto espazos moi importantes a protexer, xa que de cara ás vindeiras secas son unha peza chave no sistema hídrico das nosas aldeas.

O destrozo vai máis aló do medio ambiente xa que segundo denuncia a plataforma veciñal as obras realizáronse dentro dos contornos de protección de elementos patrimoniais como mámoas e petróglifos. Incluso con intervencións con maquinaria pesada a escasos metros do destacado Petróglifo de Chan de Lamas. Un elemento patrimonial no que se representa un gran cervo que é único no Concello da Estrada e moi peculiar en comparación a outros petróglifos galegos.

Tamén se derribaron muros de pedra en seco, os cales son recoñecidos pola UNESCO como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. A isto engádese que é precisamente neste ecosistema danado no que teñen parte do seu hábitat as bestas da Rapa das bestas de Sabucedo, declarada Ben de Interese Cultural, sendo o espazo por onde se desenvolve parte da celebración, a Baixa.

Ante este destrozo ambiental e patrimonial, Ecoloxistas en Acción e a plataforma veciñal esixen a paralización inmediata destas obras e a restauracións destes ecosistemas naturais tan prezados e necesario para a mitigación do cambio climático e as futuras secas, así como a salvagarda das especies botánicas protexidas.

 

 

 

 

La entrada Denuncian o destrozo de hábitats prioritarios na Estrada aparece primero en Ecologistas en Acción.

  • No hay más artículos
❌